Publishers



1936. Os primeiros dias
1936. Os primeiros dias
Author: Wouters, Marc
Year: 1993-10-30
Binding: Paperback
Language: Galician
Edition: 1
ISBN-10: 8475077609
ISBN/EAN: 9788475077604
Publisher: Xerais
Price: $23.95
Availability: 3 to 4 weeks

We place orders with Xerais every 4 weeks on the 05th of each month.
Orders placed on or before this date will be delivered between the 15th and the 26th of each month.

Description

Tense dito infinidade de veces que en Galicia non existe a memoria republicana. Que non queda xente de esquerdas que vivise nos te,mpos de Atila en Caliza debuxados coa man sempre fiel á verdade de Castelao. E certo que os fascistas, os falanxistas, os asasinos, despois da guerra civil que aquí non houbo, fixeron todo o posible porque ninguén que fose defensor da República chegase a vello. Pero aínda así, gracias a que soportaron vivir sepultados durante décadas, gracias ó exilio e ó silencio, houbo aínda moitos republicanos que sobreviviron á barbarie fascista. Os que dende logo acordan aqueles tempos, se non morreron na cama, son os propios falanxistas, os colaboradores do réxime, os que viviron á súa sombra e foron en moitos casos responsables directos ou indirectos dos centos de crimes cometidos, e polos que nunca pagarán perante a xustiza. Estes son os protagonistas do libro 1936, os primeiros días. O equipo de investigación HISTORGA (Historia Oral de Galicia) vén promovendo a recollida de testemuños orais, como fonte principal da reconstrucción de acontecementos históricos e aínda decisivos socialmente na actualidade. Dirixidos polo historiador Marc Wouters, María José V ázquez, Silvia Gómez, Xurxo Pantaleón, José Antonio Pérez, Julio Prada, Xosé Manuel Núñez e Antonio Giráldez procuraron esas voces, esa memoria, esa verdade sobre os días inmediatos á sublevación militar fascista de 1936 e fixérono en Vigo, Betanzos, A Guarda, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Seixalbo e Ourense, dando así unha visión de conxunto sobre os dramáticos acontecementos que frustraron o avance das forzas progresistas en Galicia.


Recommended

There are no related products for this product.

Back to Top